logotipo etsii
DESCARGAS MAS SOLICITADAS
Horarios 2009/2010
Horarios 2009/2010
Horarios 2008/2009
Horarios 2008/2009
Plan de estudios de Ingeniero Industrial
Plan de estudios de Ingeniero Industrial
separador
ISF
MSDN Academic Alliance
JAI'2010
JAI'2010
IV Jornadas sobre Tecnologías y Soluciones para la Automatización Industrial
WAF 2008
Workshop Agentes Físicos 2008
IX Workshop de Agentes Físicos 2008

La escuela | Normativas / Formularios


 

    • Aprobado en Xunta de Escola de 28 de Outubro de 1999 e modificado pola Comisión Docente de 27 de febreiro de 2007

      Índice

          * 1. Obxecto do Regulamento
          * 2. Ámbito de aplicación
          * 3. Proposta e adxudicación dos temas e títulos dos Proxectos de Fin de Carreira
          * 4. Matrícula do PFC
          * 5. Documentación escrita do PFC
          * 6. PFC ligados a Programas de Intercambio de Estudiantes entre Universidades
          * 7. Tribunal
          * 8. Defensa e calificación do PFC
          * 9. Da Propiedade Intelectual
          * 10. Disposicións finais
          * 11. Disposición transitoria
          * Anexos

      1. Obxecto do Regulamento

      De acordo co Plan de Estudios conducente á titulación de Enxeñería Industrial, é requisito indispensable para a obtención do título de Enxeñeiro Industrial a realización polo alumno dun traballo denominado Proxecto Fin de Carreira, de aquí en adiante PFC.

      No caso de que se cursen especialidades diferentes será necesario realizar un PFC para cada unha das especialidades.

      No caso de realizar diversas intensificacións dentro dunha mesma especialidade será posible a realización dun só PFC por tratarse dunha mesma especialidade.

      O obxecto deste regulamento é establecer as bases e normas sobre a elección do tema e título, tramitación, nomeamento do tribunal, presentación e cualificación dos Proxectos Fin de Carreira (PFC) na titulación de Enxeñería Industrial na E.T.S. de Enxeñeiros Industriais de Vigo.

      2. Ámbito de aplicación

      O Proxecto Fin de Carreira representa a última etapa de formación do alumno na titulación dentro da Escola e é elemento indispensable para alcanzar o grao de Enxeñeiro Industrial. O PFC será un proxecto, estudio ou diseño dunha situación característica da actividade profesional dos Enxeñeiros Industriais dunha entidade e calidade suficiente para ser aceptado como tal.

      O Proxecto Fin de Carreira deberá conter cantos datos, razoamentos e conclusións sexan necesarios e suficientes ó seu fin, e en forma especial aqueles que resulten precisos para a realización do mesmo. Como regra xeral, deberá ser un proxecto relativo á Especialidade que realizara o alumno. En casos xustificados admitiranse excepcións, polo que será necesario argumentalo debidamente mediante unha isntancia dirixida ó Ilmo. Sr. Director, que se presentará xunto coa solicitude do tema do PFC.

      Sempre que non se indique explícitamente o contrario, entenderase que os puntos deste Regulamento aplícanse ó Plan de Estudios conducente á obtención da titulación de Enxeñería Industrial actualmente en vigor no Centro.

      A aprobación do tema, título, director/es, tribunal e a resolución de tódolos problemas relacionados co PFC corresponderá á Comisión Docente delegada da Xunta de Escola.

      Calquera modificación que se realice sobre este regulamento deberá ser aprobada pola Xunta de Escola.

      3. Proposta e adxudicación dos temas e títulos dos Proxectos de Fin de Carreira

      Cada solicitante presentará unha proposta de PFC segundo o documento oficial correspondente (do cal o formato acompáñase no Anexo II do presente Regulamento). Esta proposta conterá alomenos a seguinte información:

          * Título
          * Director/es
          * Breve memoria indicando o tema do traballo, os seus obxectivos e o plantexamento do mesmo, que se entregará como anexo á proposta, cunha extensión máxima de tres páxinas en formato DIN A4.

      O tema obxecto da realización do PFC poderá ser:

          * Orixinal do alumno
          * Proposto por un Departamento con docencia na ETSEI
          * Proposto por empresas mediante convenios de colaboración e cooperación educativa
          * Proposto por outros Centros do Estado ou do Extranxeiro no marco dalgún programa de intercambio

      A presentación da solicitude do tema e título do PFC farase nos Servicios Administrativos da Escola dirixida ó Ilmo. Sr. Director, que a someterá á Comisión Docente para o seu análise e aprobación, se procede.

      A dirección fará públicos os títulos, os nomes dos autores e os directores ou ponentes dos proxectos que foran aprobados.

      O tema e título do PFC, unha vez aprobado na Comisión de Docencia, terá unha vixencia de dous anos. Pasado este prazo sen ter presentado ó PFC o alumno terá que presentar unha revisión do mesmo ou un novo tema e título de PFC.

      Os proxectos deberán ser realizados baixo a dirección de un/s profesor/es titulado/s superior/es pertencente/s a un Departamento con docencia no Centro. No caso de que o/s profesor/es pertenza/n a un Departamento que non teña docencia no Centro ou sexan doutras Universidades, existirá un Ponente, profesor dun Departamento con docencia no Centro, que inscribirá o título do proxecto e redactará un informe previo á presentación do mesmo.

      Os proxectos podrán ser codirixidos por un titulado superior que non sexa profesor, sempre que acredite a sua titulación, constando como codirector con outro profesor.*

      Se en calquera momento o alumno desexa cambiar de tema, título ou director do PFC deberá comunicalo por escrito ó Ilmo. Sr. Director no impreso correspondente que entregará nos Servicios Administrativos do Centro, donde o remitirán á Comisión de Docencia para a súa análise e aprobación, se procede. No caso de que se solicite un cambio de tema, debe acompañarse unha memoria xustificativa coa descripción do novo traballo, que deberá ir avalada pola firma do/s director/es.

      A presentación e aprobación, se procede, de solicitudes para a designación do tema e título do PFC queda condicionada a que os alumnos superaran tódalas materias da titulación de Enxeñería Industrial recollidas no Plan de Estudios vixente na ETSEI ou, no seu defecto, estean matriculados da totalidade das materias non superadas necesarias para a obtención do título de Enxeñeiro Industrial

      4. Matrícula do PFC

      Para poder matricularse do PFC o alumno deberá ter superado tódalas materias da titulación recollidas no Plan de Estudios vixente na E.T.S. de Enxeñeiros Industriais e ter aprobado o título e o tema do seu PFC.

      O Alumno deberá facer o pago do importe correspondente ás taxas da matrícula e facer entrega nos Servicos Administrativos do Centro do xustificante correspondente ó pago das mesmas para que a Secretaría do Centro, cando proceda, elabore a documentación (actas, folla de expediente,...) necesaria para que se poida levar a cabo a defensa do PFC por parte do alumno.

      5. Documentación escrita do PFC

      O Alumno, unha vez finalizado o PFC, presentará baixo a autorización do/s seu/s director/es dúas copias do mesmo nos Servicios Administrativos do Centro, que poderán ir acompañadas de tódolos complementos, discos, fotos, diapositivas, vídeos (destes últimos só se entregará uinha copia), que se consideren necesarios.

      A presentación do PFC farase seguindo as directrices que se recollen na normativa complementaria relativa a súa edición e que se recolle no anexo I deste regulamento.

      Unha vez defendio e aprobado o PFC unha copia do mesmo quedará depositada na Biblioteca do Centro. A outra copia entregarase ó Director do PFC para que se o considera procedente, a entregue no Departamento ó que pertenza para o seu arquivo.

      6. PFC ligados a Programas de Intercambio de Estudiantes entre Universidades

      O PFC poderá acollerse ós Programas de Intercambio de Estudiantes entre Universidades recoñecidos pola ETSEI, e que deberán estar aprobados na Comisión Docente, nos que houbera participado a ETSEI a través de calquera Departamento con docencia no Centro.

      No Convenio o Programa de Intercambio se recollerá a forma na que está previsto o recoñecemento formal do traballo, o réxime de tutorías e a sú evaluación. Este recoñecemento poderá ser de dous tipos:

         1. Recoñecemento automático da nota outorgada polo Centro donde se realizara o PFC, no caso de que o Programa de Intercambio teña previsto o recoñecemento formal do PFC.
         2. Presentar o traballo no ETSEI perante un Tribunal nos mesmos términos e formas que os establecidos con carácter xeral para os alumnos da ETSEI. Neste caso o Tribunal terá en conta os informes emitidos polo Centro don se relizara o PFC. Este informe terá o carácter de Informe do Tutor/es externo/s.

      7. Tribunal


      O Tribunal encargado de evaluar o PFC estará constituído por 5 membros. Un Presidente, e catro Vocais. Actuará como Secretario o membro máis xove. Tódolos membros serán profesores da ETSEI de Vigo.

      Presidente: O Tribunal estará presidido polo Director da Escola ou persoa en quen delegue.

      Vocais: Os catro vocais titulares e os dous suplentes, será propostos polo Director do FPC en impreso normalizado, do que se xunta formato figura no anexo II deste regulamento, e deberán ser profesores da Escola e pertencer a áreas de coñecemento afíns á da temática abordada no PFC. Os vocais titulares non poderán pertencer todos á mesma área de coñecemento.

      A proposta do Tribunal entregarase nos Servicos Admninistrativos do Centro que a remitirán á Comisión Docente para que, unha vez analizada, dictamine se procede ou non a súa aprobación. Tódolos acordos relativos ós Tribunais faranse públicos nos taboleiros do Centro correspondentes.

      No caso da falta dalgún dos membros do Tribunal, o Presidente poderá designar ós membros que figuren como suplentes.

      En calquera caso, para a defensa do PFC debe consituírse o Tribunal de acordó coa ley de ordenación administrativa (Lei 30/92 do 26 de Setembro do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común).

      8. Defensa e calificación do PFC

      Unha vez depositados os dous exemplares do PFC e tódolos complementos ó mesmo nos Servicos Administrativos e efectuada a matrícula do PFC, o alumno deberá solicitar ó Director da Escola unha data para que pida levar a cabo a defense do PFC. O presidente do Tribunal (Director da Escola ou persoa en quen delegue) convocará ós restantes membros do Tribunal para que, unha vez reunidos e examinado o traballo presentado polo alumno, establézase, se procede, a data na que terá lugar a defensa do PFC, data que se comunicará coa suficente antelación ó alumno. En calquera caso, existirá un prazo mínimo de 7 días entre a data de entrega dos exemplares e a data da defensa do PFC.

      O alumno deberá expoñer públicamente durante un prazo non superior ós 30 minutos o contido do proxecto. A continuación, os membros do Tribunal poderán formular as aclaracións ou preguntas que consideren oportunas ó alumno que presenta o PFC.

      A defense do PFC terá o carácter de aberto. A cualificación por cada membro do Tribunal non será secreta senon razoada, e se entre as cualificacións houbese unha diferencia superior ós tres puntos (segundo os valores da escala de correspondencia), non se terán en conta as cualificacións mínima e máxima.

      Inmediatamente ó final da sesión de cualificación farase público o resultado que figure na Acta que se levantará ó efecto e na que asinarán tódolos membros do tribunal.

      O Tribunal cualificará o PFC tendo en conta:

          * A orixinalidade e o grao de dificultade do traballo
          * Calidade e presentación do PFC.
          * Novidades introducidas en relación con outros traballos do mesmo tipo.
          * Valoración dos prototipos e/ou maquetas presentados
          * Calidade da exposición e a capacidade de síntesis durante o acto de defensa
          *Calquera outro aspecto de interese que se considere

      A cualificación que se outorgará ó PFC rexerase segundo a seguiente escala de valoración:

          * Non presentado
          * Suspenso
          * Aprobado
          * Notable
          * Sobresaínte

      As impugnacións á cualificación outorgada polo Tribunal serán tramitadas e resoltas segundo se especifica nas normas polas que se rexe a Universidade de Vigo.

      De acordo coas normas da Universidade de Vigo, poderase conceder unha matrícula de Honra por cada vinte proxectos defendidos dentro de cada curso académico. Para poder acceder a unha destas matrículas han de darse as seguintes condicións:

          * Ter defendido o PFC no curso académico na ETSEI de Vigo.
          * Ter obtido a cualificación de sobresaínte (10)

      O tribunal encargado de outorgar as matrículas de honra ós proxectos estará composto por seis membros. Un presidente que será o Director da Escola, ou persoa en quen delegue, acuará como Presidente. Os cinco vocais serán elexidos pola Comisión Docente. Na elección dos vocais asegurarase a presencia do primeiro ciclo e de tódalas Escpecialidades/Intensificacións que se imparten na ETSEI.

      Os membros deste tribunal se nomearán para cada curso académico e evaluarán tódolos proxectos que se defendan dentro do curso académico para o que foran nomeados e cumpran os requisitos establecidos.

      Se concederá matrícula de honra no proxecto defendido, si éste é cualificado cunha puntuación igual o superior ó 9,5 (sobresaínte), e  por acordo de, alomenos, tres  membros do  tribunal, que o fará constar na acta.*

      Os alumnos Erasmus que queiran optar á matricula de honra deberán defender o proxecto ante un tribunal, constituido según o punto 7 do regulamento.*

      9. Da Propiedade Intelectual

      9.1 Definición de autores dun PFC

      Defínense como coatures dun PFC, o estudiante que o realizou e o/s profesores que figure/n como director/es do PFC.

      Non terán a consideración de coautores aqueles profesores que só interveñan como ponentes.

      9.2 Do emprego do PFC para actividades non lucrativas

      Para a consulta do PFC na Biblioteca do Centro ou no Departamento ó que pertenza o/s director/es do PFC, non será preciso obter consentimento expreso dos seus autores.

      Sempre que se faga referencia a un PFC dentro do ámbito docente da Universdiade de Vigo, non será preciso o consentimento expreso dos seus autores, pero en calquera caso, farase constar o nome dos autores.

      9.3 Da utilización do PFC para actividades lucrativas

      O uso do PFC para fins que produzan beneficios económicos, directaz ou indirectamente, requerirase o consentimento expreso dos seus autores, dos que en todo momento se fará constar os seus nomes. Asimesmo, os autores teñen dereito a percibir os beneficios correspondentes polos seus dereitos de autor.

      A propiedade intelectual do PFC, no seu conxunto ou en calquera das súas partes, corresponderá en un 50% ó alumno e no 50% restante ó director ou directores, de tal modo que o PFC considerarase unha obra de colajboración entre o alumno e o/s dirfector/es de acordó co artigo 7 do Real Decreto Legislativo 1/1996 que establece o texto refundido da Lei da Propiedade Intelectual.

      10. Disposicións finais

      Este regulamento entrará en vigo despois da súa aprobación na Xunta de Escola para tódalas Especialidades/Intensificacións da titulación de Enxeñería Industrial segundo o plan vixente na E.T.S. de Enxeñeiros Industriais de Vigo.

      A Comisión Docente resolvedrá calquera situación que non esté contemplada explícitamente neste regulamento.

      As normas complementarias relativas á edición do PFC poderán ser mnodificadas por acordó da Comisión Docente delegada da Xunta de Centro.

      11. Disposición transitoria

      Os alumnos que, á entrada en vigor deste regulamento, teñan aprobado o tema, título e tribunal do PFC, disporán dun prazo máximo de 2 anos para a súa presentación, rexendo a súa tramitación pola normativa anterior.

      Anexos

      I. Normativa complementaria sobre a edición do PFC

      II. Impresos

            Solicitude de título e Tribunal do PFC*

            Solicitude de título do PFC

            Solicitude de Tribunal do PFC
       
      III. Información de interese xeral

          Cadro resume do proceso de defensa do PFC

          Solicitude do título de Enxeñeiro Industrial

          Axudas para a realización do PFC


      I. Normativa complementaria sobre a edición do PFC

      A presente normativa ten como obxecto a normalización da edición do Proxecto Fin de Carreira.
       
      • As tapas do lomo serán duras (Tipo Guaflex).
      • Os proxectos serán encuadernados preferentemente en color AZUL.
      • Na tapa anterior aparecerá impreso o Título do PFC, así como o autor, director/es e o ano no que se presentou.
      • No lomo do PFC deberá imprimirse o nome do autor e o ano da lectura.
      • A primeira folla impresa terá de especificar claramente o Título do PFC, así como o autor e o/s director/es.
      • A segunda folla impresa deberá conter un resumo do PFC que non será superior en ningún caso a unha cara impresa. Ademáis conterá unha lista de palabras clave. (ata un máximo de %)
      • A continuación deberá figurar o índice do PFC.
      • O tamaño da letra non será inferior a 10 pt nin maior de 12 pt.
      • A separación entre liñas nunca será superior ó dobre espacio nin inferior a simple espacio.
      • As marxes superior e inferior non serán inferiores a 2,54 cms nin superiores a 4 cms. As marxes esquerda e dereita non serán inferiores ós 3 cms. nin superiores ós 4 cms.
       
      A continuación amósase, a modo de exemplo, os seguintes formatos:

               Tapa (galego) (castellano)
               Lomo (galego) (castellano)
               Primeira páxina (galego) (castellano)
               Segunda páxina (galego) (castellano)


      II. Impresos

      Reunificación de solicitude de tema, título e tribunal nun só impreso. Ésta se acompañará da memoria do proxecto, cunha extensión máxima de tres páxinas.*

               Solicitude de título e tribunal do PFC* (word) (pdf)

      III. Información de interese xeral

      Cadro resume do proceso de defensa do PFC

      Este cadro recolle de maneira resumida as diferentes etapas que deberá seguir o alumno para realiza-la defensa do PFC e así poder obter o Título de Enxeñeiro Industrial. Debe facerse notar que a orde recollida no cadro representa a secuencia lóxica do procedemento que se debera seguir para a defensa do PFC. O alumno poderá seguir unha orde diferente, de consideralo oportuno, sempre e cando para cada etapa se cumpran os requisitos que se establezan.
       
      • Solicitude de tema, título e tribunal do PFC* según impreso oficial acompañado dunha memoria de anteproxecto cunha extensión máxima de 3 páxinas. O tema, título e tribunal deberán ser aprobado en Comisión Docente. Os acordos da Comisión Docente faránse públicos nos taboleiros correspondentes. Requisitos: Ter superado tódalas materia da titulación ou estar matriculado de todas aquelas necesarias para remata-los estudios. O tribunal debe propoñerse de acordó coa normativa do presente regulamento.
      • Facer entrega de 2 copias do PFC e do material complementario correspondente, cando proceda, na Secretaría do Centro. Requisitos: Ter aprobadas tódalas materias. Ter aprobado o tema e título do PFC en Comisión Docente e o Vº Pr. do/s Director/es do PFC.
      • Realiza-lo pago das taxas correspondentes á matrícula do PFC e entrega-lo xustificante do pago na Secretaría do Centro. Requisitos: Ter superado tódalas materias da titulación e ter aprobado o tema e título do PFC.
      • Petición de data para a defensa. A petición deberá facerse ó Director do Centro. Requisitos: Ter realizado tódalas etapas anteriores.
      • Reunión dos membros do Tribunal a instancia do Director do Centro ou persona en quen delegue para examinar e aprobar, se procede, a data da defensa do PFC. Requisitos: Ter realizado tódalas etapas anteriores.
      • Defensa pública do PFC na data e lugar sinalados. Requisitos: Ter realizado tódalas etapas anteriores.
      • Tramitación para a obtención do título de Enxeñeiro Industrial a través da Secretaría do Centro. Requisitos: Ter defendido e aprobado o PFC.


      Solicitude do Título de Enxeñeiro Industrial

      Unha vez defendido o PFC e superada-la defense do mesmo, o Alumno poderá solicitar, a través da Secretaría do Centro, a tramitación para a expedición do Título seguindo as normas e requisitos establecidos pola Universidade de Vigo.

      Axudas para a realización do PFC

      Para a realización do PFC existen unha serie de axudas no marco da Universidade de Vigo. Para solicitar estas axudas os alumnos deberán dirixirse ó servicio de información de bolsas da Universidade de Vigo.

      Ó igual que para a matrícula das materias dos distintos cursos, tamén é posible solicita-la Bolsa do Ministerio para a defensa do PFC.

             * modificacións aprobadas pola Comisión Docente de 27 de febreiro de 2007
       

 
EVENTOS
JUN
09
2011
SIMEM

Simposium Internacional de Electromovilidad, Energía y Medio Ambiente.

JUN
06
2011
Curso SolidWorks

III Edición del curso de formación Fundamentos de Diseño Técnico con Solidworks.

JUN
06
2011
Curso CYPE

II Edición del curso de formación Diseño y Cálculo de Instalaciones Técnicas de la Edificación y Construcciones Industriales (Entorno CYPE).

separador
BOLSA DE EMPLEO
CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA PRÁCTICAS PREPROFESIONAIS EN FAIMEVI
CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA PRÁCTICAS PREPROFESIONAIS EN FAIMEVI
Empresa : Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo – FAIMEVI
CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA PRÁCTICAS PREPROFESIONAIS EN EMPRESAS.
CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA PRÁCTICAS PREPROFESIONAIS EN EMPRESAS.
Empresa : Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo – FAIMEVI
Prácticas para estudantes de Enxeñaría Técnica Industrial
Prácticas para estudantes de Enxeñaría Técnica Industrial
Empresa : INERGY AUTOMOTIVE SYSTEMS
Ambito : Tecnolóxico
Prácticas para estudantes de Enxeñaría Técnica Industrial
Prácticas para estudantes de Enxeñaría Técnica Industrial
Empresa : INERGY AUTOMOTIVE SYSTEMS
Ambito : Tecnolóxico
Prácticas para estudantes de Enxeñaría Industrial.
Prácticas para estudantes de Enxeñaría Industrial.
Empresa : MGI COUTIER ESPAÑA, S.L.
Ambito : Tecnolóxico
Fundación UVIGO
Fundación Universidade de Vigo
Ofertas de empleo y Prácticas de Empresa
ORI
Oficina de Relaciones Internacionales
Programas SENECA, ERASMUS e ISEP
separador